2023/05/26: Xornada de retirada de EEI no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Durante o día de onte desenvolveuse no arquipélago de Cíes unha xornada de retirada manual de especies exóticas invasoras (EEI) na que participaron membros do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e persoal do Parque Nacional.

Durante a xornada retiráronse exemplares de Crocosmia, Margarida do Cabo e plantóns de Acacia negra.

 

Voltar