Durante o día de onte desenvolveuse no arquipélago de Cíes unha xornada de retirada manual de especies exóticas invasoras (EEI) na que participaron membros do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e persoal do Parque Nacional.
Durante a xornada retiráronse exemplares de Crocosmia, Margarida do Cabo e plantóns de Acacia negra.