A illa de Ons é moito máis ca un destino de sol e praia. Única illa habitada do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, este enclave situado na entrada da ría de Pontevedra reúne un patrimonio natural, histórico e cultural que a converte nun auténtico museo ao aire libre, con vestixios que abranguen desde a Idade do Ferro ata o século XX
Ampliar informaciónO Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia realizou unha nova campaña de recollida de landra de cerquiño na illa de San Martiño, nas Cíes, co obxectivo de preservar e reforzar o patrimonio xenético desta especie na illa...
As illas Cíes convertéronse no escenario da primeira repoboación de centolas realizada dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Un total de 666 xuvenís de centola e 750 xuvenís de camarón foron devoltos ao mar como parte dun proxecto de acuicultura rexenerativa que busca reforzar as poboacións destas especies e mellorar a biodiversidade dos fondos mariños galegos.
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia continúa avanzando na conservación do patrimonio vexetal das súas illas a través da reprodución de exemplares autóctonos e da preservación do seu xermoplasma, o material xenético que permite conservar e reproducir as características propias das poboacións vexetais de cada territorio.
A illa de Ons convértese en setembro nun espazo de aprendizaxe e acción para coñecer mellor a presenza de residuos no litoral. O programa de voluntariado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, en colaboración con Chelonia, ofrece xornadas de formación, mostraxe de lixo mariño e limpeza de praias.
Unha actuación de restauración ambiental nas inmediacións do bar Serafín, na illa de Monteagudo, permitiu recuperar unha zona que durante décadas funcionou como punto de vertido. Os traballos, desenvolvidos polo equipo do Parque Nacional, forman parte das intervencións destinadas a restaurar espazos degradados e favorecer a recuperación da vexetación autóctona.
A Asociación Local de Donegal de An Taisce convídavos a un Paseo pola Natureza en Murvagh con motivo da Semana Nacional do Patrimonio de Irlanda 2026.
Ampliar informaciónAs illas Cíes acolleron estes días unha xornada de adestramento de cans guía da ONCE, que aproveitaron os camiños e pasarelas do arquipélago para continuar coa súa preparación nunha contorna diferente á habitual.
Ampliar informaciónA illa de Ons continúa a ser un dos grandes reclamos turísticos da ría de Pontevedra. Entre xaneiro e xullo de 2026 recibiu 72.913 visitantes, máis de mil por riba da cifra rexistrada no mesmo período do ano pasado. A afluencia mantense dentro do modelo de acceso regulado do Parque Nacional, cun máximo de 1.300 visitantes diarios para evitar a masificación.
Ampliar informaciónMáis de 15.000 brotes de coniza foron retirados das illas Cíes durante as actuacións de conservación realizadas no marco dos campos de voluntariado ambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas.