A Xunta de Galicia continúa desenvolvendo unha estratexia de restauración ambiental nas illas Cíes, Ons e Sálvora co obxectivo de mellorar a conservación dos hábitats naturais do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e reforzar a súa adaptación ao cambio climático
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia deu un novo paso na recuperación dos seus ecosistemas terrestres coa recollida de 8.386 sementes autóctonas durante a campaña de 2025.
A illa de Ons é moito máis ca un destino de sol e praia. Única illa habitada do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, este enclave situado na entrada da ría de Pontevedra reúne un patrimonio natural, histórico e cultural que a converte nun auténtico museo ao aire libre, con vestixios que abranguen desde a Idade do Ferro ata o século XX
Ampliar informaciónO Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia realizou unha nova campaña de recollida de landra de cerquiño na illa de San Martiño, nas Cíes, co obxectivo de preservar e reforzar o patrimonio xenético desta especie na illa...
As illas Cíes convertéronse no escenario da primeira repoboación de centolas realizada dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Un total de 666 xuvenís de centola e 750 xuvenís de camarón foron devoltos ao mar como parte dun proxecto de acuicultura rexenerativa que busca reforzar as poboacións destas especies e mellorar a biodiversidade dos fondos mariños galegos.
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia continúa avanzando na conservación do patrimonio vexetal das súas illas a través da reprodución de exemplares autóctonos e da preservación do seu xermoplasma, o material xenético que permite conservar e reproducir as características propias das poboacións vexetais de cada territorio.
A illa de Ons convértese en setembro nun espazo de aprendizaxe e acción para coñecer mellor a presenza de residuos no litoral. O programa de voluntariado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, en colaboración con Chelonia, ofrece xornadas de formación, mostraxe de lixo mariño e limpeza de praias.
Unha actuación de restauración ambiental nas inmediacións do bar Serafín, na illa de Monteagudo, permitiu recuperar unha zona que durante décadas funcionou como punto de vertido. Os traballos, desenvolvidos polo equipo do Parque Nacional, forman parte das intervencións destinadas a restaurar espazos degradados e favorecer a recuperación da vexetación autóctona.
A Asociación Local de Donegal de An Taisce convídavos a un Paseo pola Natureza en Murvagh con motivo da Semana Nacional do Patrimonio de Irlanda 2026.
Ampliar informaciónAs illas Cíes acolleron estes días unha xornada de adestramento de cans guía da ONCE, que aproveitaron os camiños e pasarelas do arquipélago para continuar coa súa preparación nunha contorna diferente á habitual.
Ampliar información