Áreas de Actuación

ZEC Illas Cíes

Accións de conservación

A elección da ZEC/ZEPA Illas Cíes (ES0000001) resulta de gran interese para alcanzar os obxectivos do proxecto LIFE INSULAR, debido a que se trata dun espazo cun gran complexo de ecosistemas insulares que albergan unha elevada biodiversidade, o que o converte nun enclave ecolóxico de gran valor. Tendo en conta do papel estratéxico que xogan estes ecosistemas, LIFE INSULAR inclúe unha serie de medidas concretas de conservación na ZEC/ZEPA Illas Cíes (ES0000001) para a mellora do estado de conservación dos tipos 2130* e 4030, cuxa sensibilidade e fraxilidade é máis elevada ás ameazas e presións detectadas polo presente proxecto (ver Formulario B2d) que noutros dos hábitats presentes. En concreto, LIFE INSULAR expón as seguintes accións na ZEC/ZEPA Illas Cíes (ES0000001):

- Acción C1: recollida e cultivo de 4.000 plantas de especies características do tipo 2130*.

- Acción C2: recollida e cultivo de 200.000 plantas de especies características do tipo 4030.

- Acción C3: eliminación de 5 ha de vellas plantacións forestais sobre o tipo 2130*, retirada de rexenerado invasor de Eucalyptus en 16,6 ha sobre o hábitat 4030.

- Acción C4: eliminación de 22 ha de vellas plantacións forestais sobre o tipo 4030, retirada de rexenerado invasor de Eucalyptus en 10 ha sobre o hábitat 4030.

- Acción C5: restauración coas especies características producidas na acción C1, que permitan un aumento de 5 ha do tipo 2130* (un aumento do 30% no arquipélago, e na ZEC).

- Acción C6: restauración coas especies características producidas na acción C2, que permitan un aumento de 22 ha do tipo 4030 (un aumento do 12% no arquipélago, e na ZEC).

- Acción C7: eliminación de EEI que permitan a mellora do estado de conservación de 16,6 ha do tipo 2130* (o 100% do hábitat no arquipélago, e na ZEC).

- Acción C9: establecemento de medidas de protección contra condicións antropoxénicas que permitan a mellora do estado de conservación en 5 ha do tipo 2130* (o 30% do hábitat no arquipélago, e na ZEC).

A condición dos terreos elixidos na ZEC/ZEPA Illas Cíes (ES0000001) para LIFE INSULAR supoñen un valor engadido para o proxecto, debido a que permitirán reforzar as accións de conservación expostas e asegurar o mantemento a longo prazo dos efectos beneficiosos das medidas de conservación postas en marcha durante o proxecto. Estes terreos son de titularidade pública, xa que pertencen a DXPN (beneficiario asociado de LIFE INSULAR e organismo autonómico competente en materia de conservación do patrimonio natural e a biodiversidade) e posúen un obxectivo de conservación ao estar incluídos dentro da Rede Natura 2000, así como na Rede Galega de Espazos Protexidos baixo diferentes tipos de figuras de Espazos Naturais Protexidos (Parque Nacional, Humidal Protexido, Espazo Protexido Natura 2000), de modo que DXPN velará polo mantemento a longo prazo das actuacións executadas (ver Formulario B6). Ademais, gran parte dos mesmos inclúense no Dominio Público Marítimo-Terrestre (DPMT) xestionado pola Dirección Xeral para a Sustentabilidade e do Mar, organismo que apoiou o proxecto (ver apoio no formulario A8), o cal reforza os obxectivos de conservación destes predios.

Descargas
Voltar