Áreas de Actuación

ZEC Complexo húmido de Corrubedo

Descrición xeral

O ámbito da ZEC Complexo Húmido de Corrubedo (ES1110006), situada dentro da rexión biogeográfica Atlántica, inclúe, de Norte a Sur, o territorio litoral da parte máis meridional da ria de Muros e Noia no que se atopa o complexo húmido de Muro e Xuño e o seu sistema dunar asociado (ámbito de Porto do Son); o gran anfiteatro areoso de Corrubedo que constitúe a transición entre a ría de Muros e Noia e a ría de Arousa; ademais da illa de Sálvora e os seus illotes illotes, Vionta, Con de Noro, Herbosa, Rúa, Insabela, Gaboteira, as Sagres e as Forcadiñas, situados á entrada da Ría de Arousa., aínda que a area e outros depósitos recentes ocultan gran parte da xeoloxía.

- Superficie (ha): 9,262.870

- Descrición da área: Espazo en torno ao complexo húmido de Corrubedo, albergando valores costeiros (illas, cantís)

- Código Natura 2000: ES1110006

- Outros status de protección #de acordo con a lexislación nacional ou rexional: A ZEC Complexo húmido de Corrubedo (ES1110006), que inclúe unha ZEPA (ES0000313), tamén conta coa declaración doutras figuras de protección de acordo á Lei 42/2007 e a Lei 5/2019.

Espazo Natural Protexido (Parque Nacional, Parque Natural, Humidal Protexido)

Espazo Protexido Natura 2000 (Espazo Protexido Natura 2000)

Área Protexida por Instrumentos Internacionais (Área Mariña Protexida OSPAR, Humidal de Importancia Internacional de Ramsar, Patrimonio Mundial de UNESCO (lista indicativa))

Aproximadamente o 80% da superficie da ZEC Complexo Húmido de Corrubedo (ES1110006) correspóndese con áreas mariñas. No 20% restante (superficie terrestre), os medios naturais (sistemas dunares, humidais, matogueiras costeiras, bosques autóctonos e cantís) representan o 62% do territorio, o uso agrícola o 18%, as áreas con plantacións forestais o 11%, o uso urbano o 2% mentres que o uso turístico concéntrase nos sistemas de praia e outras áreas delimitadas para tal fin (6%).

A superficie mariña da ZEC Complexo Húmido de Corrubedo (80%) forma parte do dominio público estatal mentres que a propiedade de superficie terrestre repártese nun 54% de titularidade pública (propiedade de DXPN, beneficiario asociado de LIFE INSULAR), 42% de titularidade privada e 4% de montes veciñais en man común (réxime de propiedade especifico de Galicia polo que a propiedade é ostentada por un colectivo de veciños).

Descargas
Voltar