Áreas de Actuación

ZEC Complexo Ons - O Grove

Descripción xeral

O ámbito da ZEC Complexo Ons – O Grove (ES1140004), situado dentro da rexión biogeográfica Atlántica, inclúe ao Arquipélago de Ons, o complexo intermareal Umia- O Grove, o sistema dunar da Lanzada, un tramo costeiro da península do Grove e pártea Sur da Illa de Arousa e os seus illotes asociados; todo este sistema atópase situado entre a Ría de Pontevedra e a Ría de Arousa (Pontevedra, Galicia, España).

- Superficie (ha): 7,606.640

- Descripción da área: área atlántica costeira que inclúe augas mariñas, terras insulares e humidais costeiros

- Código Natura 2000: ZEC ES1140004

- Outros status de protección de acordo coa lexislación nacional ou rexional: A ZEC Complexo Ons – O Grove (ES1140004), que conta coa designación adicional de 2 ZEPAs (ES0000087 e ES0000254), tamén posúe a declaración doutras figuras de protección de acordo á Lei 42/2007 e a Lei 5/2019.

1. Espazo Natural Protexido (Parque Nacional).

2. Espazo Protexido Rede Natura 2000 (Espazo Protexido Rede Natura 2000).

3. Área Protexida por Instrumentos Internacionais (Área Mariña Protexida OSPAR, Humidal de Importancia Internacional de Ramsar, Patrimonio Mundial de UNESCO (lista indicativa)).

Aproximadamente o 64% da superficie da ZEC Complexo Ons – O Grove correspóndese con áreas mariñas. No 36% restante (superficie terrestre), os medios naturais (sistemas dunares, humidais, áreas de matogueira, bosques autóctonos e cantís) representan o 67% do territorio, o uso agrícola o 15%, as áreas con plantacións forestais o 11%, o uso urbano o 4% mentres que o uso turístico concéntrase nos sistemas de praia e outras áreas delimitadas para tal fin (3%).

A superficie mariña da ZEC Complexo Ons – O Grove (64%) forma parte do Dominio Público Marítimo-Terrestre (DPMT) mentres que a propiedade de superficie terrestre repártese nun 84% de titularidade pública (propiedade de DXPN, beneficiario asociado de LIFE INSULAR), 11% de titularidade privada e 5% de montes veciñais en man común (réxime de propiedade privada colectiva, especifico de Galicia, polo que a propiedade é ostentada por un colectivo de veciños).

Descargas
Voltar