Esta semana deron comezo os traballos do proxecto LIFE INSULAR na illa da Graciosa, dentro da ZEC Archipiélago Chinijo. Tras a obtención das autorizacións preceptivas de todos os organismos competentes, estableceranse unha serie de delimitacións que axuden a manter os desprazamentos dentro dos percorridos xa establecidos. Estas actuacións constitúen un importante punto de partida para contribuír á protección dos hábitats naturais deste espazo protexido e avanzar na mellora do seu estado de conservación, mediante o establecemento de medidas para ordenar o tránsito e proteger as zonas sensibles do entorno de La Lagunita, no camiño que discorre cara a Praia da Francesa. A finalidade da actuación é reducir as afeccións xeradas polo tránsito de persoas neste ámbito, e devolver as condicións de naturalidade aos hábitats adxacentes, incluido as dunas grises fixas do ecosistema insular.