2026/11/04: LIFE INSULAR: recuperar a natureza das illas

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe unha reportaxe sobre os avances do proxecto europeo LIFE INSULAR na recuperación dos ecosistemas de Cíes, Ons e Sálvora, no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A iniciativa tamén abrangue La Graciosa (Canarias), e espazos dos condados de Donegal e Wexford (Irlanda).

A publicación pon o foco nos traballos para eliminar especies exóticas invasoras e antigas plantacións forestais, especialmente de eucaliptos, e devolverlles espazo aos hábitats naturais destes arquipélagos.

Entre os avances destacados figuran as actuacións de control de flora invasora, que xa abranguen máis de 145 hectáreas, así como a recuperación de especies autóctonas mediante a recollida de sementes, a produción de planta local e a restauración de dunas e matogueiras.

A reportaxe tamén destaca os traballos de investigación para favorecer a conservación de especies como a camariña e a importancia da colaboración entre administracións, universidades e equipos de conservación.

LIFE INSULAR é un proxecto coordinado polo IBADER (Universidade de Santiago de Compostela) cuxo orzamento deste proxecto é superior aos 5,2 millóns de euros, financiado nun 75 % polo programa LIFE da Unión Europea. Na súa execución en Galicia participan a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e TRAGSA, en colaboración co equipo do Parque Nacional. Completan esta cooperación o Organismo Autónomo Parques Nacionales, o National Parks and Wildlife Service do Goberno de Irlanda e a empresa pública irlandesa Coillte.

Voltar