2026/10/28: LIFE INSULAR, protagonista en La Voz de Lanzarote

O proxecto LIFE INSULAR foi protagonista dunha nova publicación en La Voz de Lanzarote, que pon o foco no traballo que se está a desenvolver para conservar e recuperar os ecosistemas naturais de La Graciosa. Baixo o título “Life Insular: una alianza europea para cuidar el futuro de La Graciosa”, o medio destaca a participación da illa nesta iniciativa europea, que conecta territorios de Canarias, Galicia e Irlanda para afrontar retos comúns como a expansión de especies exóticas invasoras e a conservación dos hábitats dunares. A información tamén recolle algunhas das actuacións previstas en La Graciosa, como o control de flora invasora e a mellora dos percorridos cara La Francesa para reducir o impacto sobre as dunas.
Esta publicación contribúe a achegar LIFE INSULAR á cidadanía e a poñer en valor a importancia de conservar uns ecosistemas únicos e especialmente vulnerables.
 

Voltar