2026/10/08: Xornada de capacitación de LIFE INSULAR para futuros guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Un total de 75 alumnos e alumnas participaron nunha xornada de capacitación do proxecto LIFE INSULAR. O evento consistiu nun curso para a acreditación de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, de xeito que se achegou aos futuros profesionais o traballo desenvolvido para a conservación da flora e dos hábitats do arquipélago.

Durante a actividade, os participantes puideron coñecer os obxectivos e as actuacións de LIFE INSULAR, así como a importancia de conservar os valores naturais dos espazos protexidos insulares e costeiros. A xornada incluíu coa plantación de camariñas, unha oportunidade para coñecer de primeira man as accións de conservación e restauración da flora costeira impulsadas polo proxecto.

Dende LIFE INSULAR agradecemos ao persoal do Parque Nacional o seu traballo diario na conservación do patrimonio natural das illas e a súa colaboración na divulgación de iniciativas que contribúen a protexer a biodiversidade. 

Voltar