2026/09/22: Finaliza unha nova campaña de control de rebrotes de eucalipto en San Martiño

Concluída unha nova campaña de control de rebrotes de eucalipto na illa de San Martiño, centrada na zona do faro. Esta actuación forma parte das labores de conservación do proxecto LIFE INSULAR que se levan a cabo para frear a expansión desta especie invasora e favorecer a recuperación do espazo.

Os traballos consistiron na eliminación dos novos brotes aparecidos tras campañas anteriores, contribuíndo a manter o equilibrio ecolóxico deste espazo natural protexido. Con estas intervencións refórzase o compromiso coa conservación da biodiversidade e a protección do patrimonio natural do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Voltar