2026/08/10: A mocidade achégase á conservación da illa de Cortegada a través do voluntariado ambiental

A illa de Cortegada acolleu o pasado 9 de agosto unha xornada de voluntariado ambiental na que participaron mozos e mozas interesados en coñecer e contribuír á conservación deste espazo do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Ao longo da actividade, organizada por Conecta Galicia no marco do proxecto Conecta +Xuventude, as persoas voluntarias puideron achegarse aos valores naturais e culturais da illa e participar activamente no seu coidado. Cortegada destaca, entre outros elementos, polo seu singular bosque de loureiros, considerado un dos máis importantes de Europa.

A iniciativa, financiada pola Deputación de Pontevedra, busca fomentar entre a mocidade o coñecemento do patrimonio, a participación e o compromiso coa conservación do territorio. Unha experiencia que pon de manifesto que coñecer os espazos naturais é tamén un primeiro paso para valoralos e protexelos.

Voltar