2026/05/23: Desenvolvida unha xornada divulgativa sobre biodiversidade en espazos protexidos en Corrubedo

No Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán celebrouse o pasado 23 de maio de 2026 unha xornada divulgativa baixo o lema “Ver para comprender: investigando a biodiversidade nos espazos protexidos de Galicia”. A actividade tivo lugar no auditorio do Centro de atención a visitantes Casa da Costa, no Lugar do Vilar, en Carreira, Ribeira, entre as 10.30 e as 13.00 horas.

A programación arrincou cunha presentación do proxecto LIFE INSULAR, titulada “Illas en equilibrio. Un proxecto LIFE para a restauración insular”, seguida por diversos relatorios sobre aves nidificantes, especies de flora ameazada, pozos artesáns, e diversidade micolóxica.

 

Voltar