O día 1 de xullo de 2002 aprobábase a Lei 15/2002, pola que se declaraba o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o principal espazo natural protexido no que se engloban as zonas Natura 2000 de Galicia incluidas no proxecto LIFE INSULAR.
24 anos dun Parque Nacional único, 24 anos de compromiso, esforzo e ilusión. Nada do que é este Parque Nacional hoxe sería posible sen o traballo das persoas que estades detrás de cada programa, cada visita, cada conservación e cada xesto cotián.
Grazas por facer das Illas Atlánticas un espazo vivo, protexido e querido. O que conseguimos é enorme, e o que queda por diante é apaixonante. Seguimos avanzando, sempre en equipo.