2026/06/02: A Xunta de Galicia promove unha nova campaña arqueolóxica en Ons (Galicia), en terreos próximos ás áreas de actuación de LIFE INSULAR

Promovida polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, beneficiario de LIFE INSULAR, investigadores e investigadoras do grupo GEAAT da UVigo desenvolveron nas últimas semanas unha nova campaña arqueolóxica en terreos próximos ás áreas de actuación de LIFE INSULAR na Illa de Ons (Galicia), que permitiu obter novos datos respecto da ocupación do castro do Castelo dos Mouros na época romana.

As escavacións realizadas nestas semanas permitiron documentar “unha grande estrutura con tres estancias”, no exterior da muralla do castro. Este achado permite confirmar que a ocupación deste enclave na época romana estendíase pola ladeira que conecta o Castelo dos Mouros coa praia do Canexol, onde intervencións previas permitiron identificar restos de fábricas de salgadura e peixe.

Estes traballos serán continuados no outono, con novas tarefas de escavación e labores de conservación e restauración, dirixidas a “protexer as estruturas e permitir a visita con seguridade a estes dous novos puntos do xacemento”.

Voltar