2026/06/01: LIFE INSULAR presentou perante a Conferencia Final do LIFE DUNIAS a restauración de hábitats insulares en Natura 2000

Entre os días 27 e 29 de maio, o IBADER asistiu á Conferencia Final do LIFE DUNIAS (LIFE20 NAT/BE/001442) celebrada en Koksijde (Bélxica), para presentar a loita contra as especies exóticas invasoras e as árbores senescentes invasoras nas Illas Atlánticas Galegas, así como a estratexia para a restauración de hábitats insulares en Natura 2000. Estas illas revélanse como un caso de estudo idóneo para a demostración da aplicación de boas prácticas na eliminación de especies invasoras sobre áreas de gran fraxilidade, e a posterior restauración dos hábitats prioritarios obxectivo. A audiencia recoñeceu a gran labor que o equipo de LIFE INSULAR está a desenvolver nos arquipélagos galegos.

A conferencia foi complementada por unha visita de campo á costa da provincia de Flandes Occidental. Con motivo desta visita puxéronse en común distintos aspectos dos retos que supón a eliminación de especies invasoras en ecosistemas dunares, especialmente en relación coa súa capacidade de rebrote, a dispersión de propágulos, a dificultade de acceso a determinadas zonas e a necesidade de compatibilizar os traballos de control coa conservación dos hábitats naturais e das especies sensibles. Así mesmo, a visita permitiu intercambiar experiencias sobre metodoloxías de erradicación, seguimento posterior das áreas intervidas e restauración da vexetación autóctona, reforzando o interese da cooperación técnica entre proxectos e entidades que traballan na conservación e recuperación dos sistemas dunares atlánticos.

Voltar