2026/07/01: Establecemento de metodoloxías de vangarda como resultado das sinerxías entre LIFE INSULAR e LIFE On Machair

Como continuación das sinerxias establecidas entre os proxectos LIFE INSULAR e LIFE On Machair realizouse un voo de dron en Lurgabrack Nature Reserve, na ZEC Horn Head and Rinclevan, co obxectivo de reforzar o intercambio técnico entre ambos proxectos e contribuír ao seguimento dos hábitats costeiros de alto valor ecolóxico presentes na zona.

Esta actuación permite obter información gráfica e cartográfica actualizada sobre o estado do territorio, facilitando a análise da estrutura da vexetación, a distribución dos hábitats e a identificación de posibles necesidades de seguimento ou xestión. O uso de drons constitúe unha ferramenta de apoio de gran utilidade para documentar a evolución da paisaxe, mellorar a precisión do seguimento técnico e xerar materiais de interese tanto para a avaliación ambiental como para a comunicación e divulgación dos resultados.

O voo realizado en Lurgabrack resulta especialmente relevante pola singularidade dos sistemas costeiros presentes neste espazo, incluíndo o mosaico de hábitats asociados á paisaxe de machair e ás dunas fixas, así como pola concentración de iniciativas LIFE vinculadas á conservación da biodiversidade e á restauración ecolóxica nesta área.

Esta colaboración exemplifica o valor do networking entre proxectos LIFE, permitindo compartir metodoloxías, coñecementos e ferramentas de seguimento aplicables a diferentes territorios atlánticos. A información obtida poderá servir como base para futuras accións de cooperación técnica entre LIFE INSULAR e LIFE On Machair, así como para reforzar a avaliación e difusión das actuacións desenvolvidas no marco do proxecto.

 

Voltar