2026/05/25: O Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia celebrou o do Día Europeo dos Parques 2026

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia sumouse o pasado 24 de maio á celebración do Día Europeo dos Parques 2026, unha iniciativa impulsada pola rede Europarc, á que este pertence, baixo o lema “Conectados pola natureza”. A xornada puxo o foco na importancia de manter unidos os hábitats naturais e os corredores ecolóxicos das áreas protexidas de toda Europa para garantir a supervivencia e adaptación das especies nun contexto de cambio ambiental.

Dende as illas Cíes, o espazo protexido reivindicou o valor da cooperación entre territorios e da conservación compartida, fomentando redes ecolóxicas amplas, conectadas e resilientes, que permiten ás especies desprazarse, adaptarse e prosperar, superando as fronteiras administrativas e reforzando a colaboración internacional.

A celebración coincidiu ademais cun momento clave para o arquipélago, marcado polos traballos de recuperación ambiental que se están a desenvolver nas Cíes grazas ao proxecto LIFE INSULAR. Entre as actuacións máis destacadas atópase o proceso de eliminación de especies invasoras como eucaliptos e acacias, unha intervención que permitirá restaurar a vexetación autóctona e favorecer o equilibrio natural a longo prazo.

Voltar