2026/05/11: A Xunta de Galicia colabora na segunda campaña arqueolóxica no Castro das Hortas (Cíes, Galicia), en terreos adxacentes ás áreas de actuación de LIFE INSULAR

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, situado en terreos adxacentes ás áreas de actuación de LIFE INSULAR nas illas Cíes (Galicia), permitiu confirmar que a ladeira na que se localizan os restos estivo ocupada desde a época castrexa ata a Idade Media. Esta é a principal conclusión dos traballos desenvolvidos no arquipélago entre finais de abril e comezos de maio polo Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo (UVigo), coa colaboración da Xunta de Galicia.

Cómpre subliñar que o castro de Hortas é un dos xacementos da Idade do Ferro máis coñecidos tanto pola súa situación nunha illa como pola súa impresionante localización no extremo sur da illa do Medio ou illa do Faro, un lugar moi escarpado pero que permitía un control total das rutas marítimas.

En vista dos bos resultados obtidos na campaña realizada o ano pasado, propúxose para 2026 unha segunda intervención, que comezou a finais do pasado mes de abril coa roza da vexetación superficie das zonas de intervención, labores asumidos de forma directa polo persoal do Parque Nacional. A actuación de posta en valor do patrimonio cultural, crea importantes sinerxías coas actuacións de mellora do patrimonio natural promovidas por LIFE INSULAR.

Voltar