O templete dos cazadores, cuxo altar foi bendecido en 1930 na Illa de San Martiño (Galicia), voltou a ser testemuña dun momento histórico. O pasado 7 de maio comenzaron os traballos de LIFE INSULAR para a restauración dos hábitats 2130* e 4030 na illa, mediante o establecemento da planta producida polo proxecto.
Deste xeito, un elemento senlleiro do patrimonio cultural da illa, que quedara sepultado durante case un século baixo o denso dosel formado polas formacións invasoras de eucaliptos que chegaron a acadar máis de 30 metros de altura, foi novamente testemuña dunha actuación beneficiosa de LIFE INSULAR para a mellora do estado de conservación dos hábitats insulares.