O pasado 7 de maio comenzaron os traballos de LIFE INSULAR para a restauración dos hábitats 2130* e 4030 na illa de San Martiño (Galicia), mediante o establecemento da planta producida polo proxecto, a partires de material vexetal de orixe local e compatile, evitando a introdución de ecotipos alóctonos.
Esta actuación resulta determinante para acadar un estado de conservación favorable dos hábitats nos territorios insulares, mediante o incremento da súa superficie ocupada, cumprindo as medidas de cautela necesarias dunha actuación coma esta, realizada en ecosistemas de elevada fraxilidade e alto valor natural.