O pasado 30 de abril celebrouse en Lanzarote (Illas Canarias), no Centro Isla de La Graciosa, a primeira Comisión de Seguimento Macaronésica de LIFE INSULAR en España. A reunión permitiu facer unha revisión das accións executadas ata a data nos arquipélagos do proxecto, proporcionando unha perspectiva externa máis ampla sobre o seu progreso.
A Comisión incluíu representantes legais de OAPN, TRAGSA, IBADER-USC, Cabildo de Lanzarote, Ayuntamiento de Teguise, Servicio de Ordenación del Litoral, así como de ONGs ambientais e diversos expertos implicados na conservación dos ecosistemas insulares.