2026/04/16: Workshop de networking en Rinclevan con LIFE On Machair

O pasado 16 de abril de 2026 celebrouse un na Lurgabrack Nature Reserve (ZEC Horn Head and Rinclevan) un taller de networking, onde o equipo de LIFE INSULAR compartiu unha visita de campo co proxecto LIFE on Machair para o intercambio de experiencias e establecemento de futuras sinerxías entre ambos os dous proxectos, así como coñecer sobre o terreo a paisaxe de machair e as dunas fixas.

A visita resultou de gran proveito para os equipos dos proxectos implicados, poñéndose de manifesto a importancia deste espazo na conservación da biodiversidade, habida conta da coexistencia de 4 proxectos LIFE no mesmo: LIFE INSULAR, LIFE On Machair, LIFE Wild Atlantic Nature, e LIFE Corncrake.

Voltar