2026/04/17: Comisión de seguimiento en Irlanda no Parque Nacional de Glenveagh

O pasado 17 de abril celebrouse no Parque Nacional de Glenveagh (Donegal, Irlanda) a primeira Comisión de Seguimento en Irlanda de LIFE INSULAR. A reunión permitiu facer unha revisión das accións nos espazos irlandeses do proxecto, proporcionando unha perspectiva externa máis ampla sobre o seu progreso.

A Comisión incluíu representantes legais do MInisterio de Vivenda, Goberno Local e Patrimonio de Irlanda, así como de Coillte Nature e doutros organismos con competencias e diversos expertos implicados na conservación dos ecosistemas costeiros.

Voltar