No marco dos traballos de restauración dos ecosistemas dunares do proxecto LIFE INSULAR, púxose en marcha unha solución para mellorar a supervivencia da camariña (Corema album). O uso de area do propio entorno revelouse como fundamental para lograr a conservación da microbiota natural do solo, favorecendo o desenvolvemento das plantas.
Esta metodoloxía foi desenvolvida por Rubén Paz, estudante do CIFP Santiago, quen deseñou un sistema con tubos para alongar as raíces e facilitar o acceso á humidade en profundidade. As probas realizadas coa camariña amosaron un crecemento notable, confirmando a utilidade deste método innovador.