O pasado 24 de marzo celebrouse en Vigo (Galicia), na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlántias de Galicia, a primeira Comisión de Seguimento Atlántica de LIFE INSULAR. A reunión permitiu facer unha revisión das accións que o proxecto levou a cabo ata a data nos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora, proporcionando unha perspectiva externa máis ampla sobre o seu progreso.
A Comisión incluíu representantes legais da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, TRAGSA e IBADER-USC, así como doutros organismos con competencias (en materia costeira e portuaria), ONGs ambientais e diversos expertos implicados na conservación dos ecosistemas insulares.