2026/03/26: Desembarco na Illa de San Martiño: Traballo, valor e esforzo

O desembarco na Illa de San Martiño, realizado directamente na praia, pon de manifesto a complexidade loxística que LIFE INSULAR afronta cada ano ao comezo da tempada de traballos de restauración, nunha operación que require precisión e coordinación constante.

Nun entorno illado e esixente coma este, o persoal afronta condicións difíciles para garantir o avance da restauración ambiental. O esforzo colectivo e o compromiso co medio natural son claves para seguir impulsando a recuperación dos hábitats insulares.

 

Voltar