Durante o ano 2025 LIFE INSULAR está a monitorizar o estado de conservación dos hábitats obxectivo dos territorios insulares de Galicia onde se realizaron traballos de restauración obxecto do proxecto, incluindo a eliminación de masas forestais senescentes de especies exóticas invasoras (principalmente eucaliptos) na illa de San Martiño, ou a eliminación de especies exóticas invasoras sobre os hábitats naturais das Illas Cíes, Ons e Sálvora. O seguimento está a amosar unha mellora na superficie, composición e estrutura dos tipos de hábitat obxectivo do proxecto, así como nas súas perspectivas de futuro mediante a eliminación das súas principais ameazas, o que se trraduce nunha mellora do seu estado de conservación, redundando nunha mellora da biodiversidade e do patrimonio natural dos ecosistemas naturais insulares.