O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia está a realizar nas Illas Cíes (Galicia) o traslado da planta producida por LIFE INSULAR, para a súa aclimatación antes de ser empregada en actuacións de restauración dos hábitats insulares. Esta tarefa está a realizarse con axuda de AMICOS, que involucra a persoas con discapacidade intelectual que desempeñan un papel vital en estas accións de recuperación, como exemplo da cidadanía activa e da importancia dunha sociedade inclusiva e integradora. A sinerxia de LIFE INSULAR con AMICOS é moi elevada, xa que se comparten obxectivos de conservación do patrimonio natural e da biodiversidade, así como da inclusión e integración da cidadanía nas actuacións de restauración.