Durante o mes de xullo o equipo de LIFE INSULAR continúa coas actuacións de eliminación de invasoras na Illa de Ons (Galicia). Neste caso, a actuación permitiu a eliminación de formacións de Zantedeschia aethiopica, Senecio angulatus, así como a eliminación do rebrote de Eucalyptus globulus e Acacia melanoxylon, na paraxe coñecida como Cova da Loba. Tamén se realizou o anelamento de eucaliptos no entorno da duna da praia de Melide, complementado pola colocación de caixas-refuxio para morcegos. A estratexia de restauración de LIFE INSULAR permite mellorar o estado de conservación dos hábitats naturais, e avanzar cara unha maior naturalidade dos territorios insulares.