2025/06/18: Os traballos de eliminación de plantacións forestais senescentes continúan na Illa de San Martiño (Galicia) para o favorecemento dos hábitats insulares

Os traballos de eliminación de plantacións forestais senescentes na Illa de San Martiño (Galicia), para a restauración dos hábitats naturais e a mellora do seu estado de conservación, están a continuar a desenvolverse a bó ritmo, cumplindo co cronograma establecido no proxecto. Os resultados preliminares do seguimento destas actuacións están a amosar unha mellora na superficie, composición, estrutura, e perspectivas de futuro, dos hábitats obxectivo. Isto tradúcese nunha mellora do seu estado de conservación, o que beneficia o patrimonio natural e a biodiversidade dos territorios insulares.

Voltar