2025/05/23: O templete da Illa de San Martiño (Galicia) volve a ver a luz do Sol grazas a LIFE INSULAR

O templete dos cazadores cuxo altar foi bendecido en 1930 na Illa de San Martiño (Galicia), voltou a ver a luz grazas aos traballos de eliminación de plantacións senescentes de eucalipto. Deste xeito, un elemento senlleiro do patrimonio cultural da illa, que quedara sepultado durante case un século baixo o denso dosel formado polas formacións invasoras de eucaliptos que chegaron a acadar máis de 30 metros de altura,  viuse beneficiado pola actuación de LIFE INSULAR para a mellora do estado de conservación dos hábitats insulares.

Voltar