O pasado 11 de abril de 2025 a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático (Xunta de Galicia) visitou a Illa de Cortegada, para coñecer de primeira man os traballos de replicación da estratexia de LIFE INSULAR neste arquipélago, e valorar positivamente a restauración dos ecosistemas insulares como estratexia para a conservación da biodiversidade e a loita contra o cambio climático.