Os pasados 22 e 23 de marzo o proxecto LIFE INSULAR celebrou nas instalacións do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Vigo, Galicia), unha serie de talleres para o deseño de actividades teatrais en espazos naturais. O evento serviu para formar aos asistentes nas ferramentas, aptitudes e técnicas máis axeitadas o desenvolvemento deste tipo de actividades en espazos costeiros de gran fraxilidade polo seu elevado valor de conservación.