Co gaio da celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e no marco das actividades de difusión do proxecto LIFE INSULAR, o Organismo autónomo de Parques Nacionales (OAPN), organiza os próximos días sábado día 24 de maio e domingo 25 de maio, unha actividade de difusión dos valores dos sebadais denominada “Entre praderas y corales”. A actividade consistirá nunha charla, visualizacións a través de gafas 3D e a proxección dun documental. A actividade desenvolverase en dúas sesións, o día 24 de maio no Centro Sociocultural Inocencia Páez, na illa de La Graciosa, entre as 17:00 e as 20:00h e o día 25 de maio de 11:00 a 14:00 h no Centro Sociocultural Caletón Blanco Órzola. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas, no día 24 ate completar o aforo e no día 25, previa inscrición.
Inscrición: www.inscribirme.com/entre-praderas-y-corales
Información: inscripcion@mjcambiental.com
Dia sábado 24 e 25 de maio 2025
Hora: 24 maio (17:00 – 20:00 h) 25 maio (11:00 – 14:00)