2025/05/12: Celebrada con éxito a actividade de sesibilización nas Illas Cíes

Dentro das actividades de divulgación incluídas no proxecto LIFE INSULAR, o PNMTIAG celebrou o día 10 de maio, unha actividade de sensibilización ambiental que consistiu nunha ruta de observación de fauna, centrada nas bolboretas do Parque Nacional e os seus hábitats.

A actividade desenvolveuse entre as 11:00 e as 17:30. Durante a visita identificáronse catro especies: Euphydryas aurinia, Pararge aegeria, Lycaena alciphron e Colias crocea.

 

Descargas
0510-Cies   |  

Voltar