2025/05/25: LIFE INSULAR organiza unha xornada de voluntariado ambiental en Corrubedo

Dentro das actividades de divulgación incluídas no proxecto LIFE INSULAR, o PNMTIAG organiza o próximo día 25 de maio, unha xornada de voluntariado ambiental que consistirá nunha ruta interpretativa para a observación de aves no Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixan (Ribeira).

A actividade é totalmente gratuíta e desenvolverase entre as 10:00 e as 13:00, con saída do Centro de recepción de visitantes “Casa da Costa” no Parque Natural de Corrubedo (Ribeira). Está dirixida a todos os públicos, é necesario inscribirse previamente, e ten un límite de 25 prazas.

A inscrición previa debe realizarse en info@corticata.com

Descargas
0525-corrubedo   |  

Voltar