2025/05/24: LIFE INSULAR organiza unha xornada de voluntariado ambiental na illa de Cortegada

Dentro das actividades de divulgación incluídas no proxecto LIFE INSULAR, o PNMTIAG organiza o próximo día 24 de maio, unha actividade de sensibilización ambiental que consistirá nun obradoiro de construción de instrumentos musicais con elementos naturais (“Musica na Natureza”).

A actividade é totalmente gratuíta, incluíno o desprazamento en barco ate a illa de Cortegada e desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00, con saída dende o porto de Carril (Vilagarcía de Arousa). Está dirixida a todos os públicos, é necesario inscribirse previamente, e ten un límite de 25 prazas.

A inscrición previa debe realizarse en info@corticata.com

Nota: A actividade está suxeita ás condiciones meteorolóxicas.

Descargas
0524-cortegada   |  

Voltar