2025/05/18: LIFE INSULAR organiza unha xornada de observación de aves na illa de Ons

Dentro das actividades de divulgación incluídas no proxecto LIFE INSULAR, o PNMTIAG organiza o próximo día 18 de maio, unha actividade de sensibilización ambiental que consistirá nunha ruta interpretativa para a observación de aves mariñas e terrestres na illa de Ons (Bueu).

A actividade é totalmente gratuíta, incluíno o desprazamento en barco ate a illa de Ons, e desenvolverase entre as 10:30 e as 17:30, con saída dende o porto de Bueu. Está dirixida a todos os públicos, é necesario inscribirse previamente, e ten un límite de 20 prazas.

A inscrición previa debe realizarse en info@corticata.com

Nota: A actividade está suxeita ás condiciones meteorolóxicas.

Voltar