Dentro das actividades de divulgación incluídas no proxecto LIFE INSULAR, o PNMTIAG organiza o próximo día 17 de maio, unha actividade de sensibilización ambiental que consistirá nunha ruta de observación de fauna, e un obradoiro de observación de rastros e pegadas.
A actividade é totalmente gratuíta, incluíno o desprazamento en barco ate a illa de Cortegada e desenvolverase entre as 11:00 e as 14:00, con saída dende o porto de Carril (Vilagarcía de Arousa). Está dirixida a todos os públicos, é necesario inscribirse previamente, e ten un límite de 25 prazas.
A inscrición previa debe realizarse en info@corticata.com
Nota: A actividade está suxeita ás condiciones meteorolóxicas.