Dentro das actividades de divulgación incluídas no proxecto LIFE INSULAR, o PNMTIAG organiza o próximo día 11 de maio, unha actividade de sensibilización ambiental que consistirá na observación de bolboretas na illa de Cortegada.
A actividade é totalmente gratuíta, incluíno o desprazamento en barco ate a illa de Cortegada e desenvolverase entre as 12:00 e as 14:30, con saída dende o porto de Carril (Vilagarcía de Arousa). Está dirixida a todos os públicos, é necesario inscribirse previamente, e ten un límite de 20 prazas.
A inscrición previa debe realizarse en info@corticata.com
Nota: A actividade está suxeita ás condiciones meteorolóxicas.