Dentro das actividades de divulgación incluídas no proxecto LIFE INSULAR, o PNMTIAG organiza o próximo día 10 de maio, unha actividade de sensibilización ambiental que consistirá nunha ruta de observación de fauna, centrada nas bolboretas do Parque Nacional e os seus hábitats.
A actividade é totalmente gratuíta, incluíno o desprazamento en barco ate as illas e desenvolverase entre as 11:00 e as 17:30, con saída dende o porto de Vigo. Está dirixida a todos os públicos, é necesario inscribirse previamente, e ten un límite de 20 prazas.
A inscrición previa debe realizarse en info@corticata.com
Nota: A actividade está suxeita ás condiciones meteorolóxicas.