2024/11/27: Tesouros costeiros (Día dos Parques e da Rede Natura 2000)

Con motivo da celebración do día dos Parques e da Rede Natura 2000 e en relación coas actividades de difusión do proxecto LIFE INSULAR, o Organismo Autónomo de Parques Nacionales (OAPN) realizo una actividade consistente en dúas charlas e un obradoiro de ciencia cidadá. A actividade celebrouse o pasado 25 de novembro no Charco de San Ginés (Arrecife).

A charla sobre os Parques e a Rede Natura 2000 foi impartida por Pablo García, director do Centro Isla La Graciosa del Organismo Autónomo de Parques Nacionales. Posteriormente, desenvolveuse unha segunda charla y un obradoiro impartidos por Cristina Camacho. A charla versou sobre os ecosistemas mariños asociados a La Marina de Arrecife e ao Charco de San Gines, afondando no coñecemento de Valonia aegagropila como ecosistema de gran valor. Asociado a esta charla realizouse un obradoiro de ciencia cidadá para a mostraxe das valonias e o recoñecemento de especies asociadas.

Voltar