No marco das actividades de difusión do Proxecto LIFE INSULAR. Os pasados días 9 e 10 de novembro tivo lugar na Illa de Cortegada, o curso de ornitoloxía denominado Descubrindo as aves do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
O curso estivo ao cargo de Diego Rodríguez Vieites, biólogo, ornitólogo e master en restauración de ecosistemas.
O Curso desenvolveuse a longo de dúas xornadas, una teórica e unha práctica. A xornada teórica celebrouse o día 9 de novembro, entre as 10 e as 13:30, na sede da asociación Gato Negro en Carril (Vilagarcía de Arousa). O día 10 de novembro, entre as 9 e as 14 horas, celebrouse a xornada práctica, que transcorreu na propia illa de Cortegada, ao longo dunha visita a este espazo natural.