O pasado 24 de outubro, LIFE INSULAR (LIFE20 NAT/ES/001007) realizou unha visita técnica de intercambio de experiencias na eliminación de especies exóticas invasoras, ás áreas de actuación do proxecto LIFE DUNIAS (LIFE20 NAT/BE/001442) nos ecosistemas dunares de Flandes (Bélxica). A visita foi realizada por membros do IBADER (por parte de LIFE INSULAR), e da Axencia para a Natureza e os Bosques (ANB) do Goberno Flamenco (por parte de LIFE DUNIAS), ambos os dous coordinadores de cadanseu proxecto LIFE.
A xornada permitiu comparar as estratexias desenvolvidas por ambos os dous proxectos, intercambiar as solucións adoptadas e as leccións aprendidas, así como o acordo xeral de evitar o emprego de herbicidas na loita con invasoras en áreas cunha elevada fraxilidade pola vulnerabilidade dos valores naturais albergados.