2024/10/03: Replicación de resultados de LIFE INSULAR na eliminación de especies exóticas invasoras

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural, na súa condición de beneficiario de LIFE INSULAR, realizou unha replicación da estratexia de eliminación e control de especies exóticas invasoras levada a cabo polo proxecto, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Deste xeito, na illa de Ons aplicouse a mesma metodoloxía seguida en LIFE INSULAR (traballos manuais, sen empregar métodos químicos, retirada de materiais a xestión de residuos, tratamentos repetidos no tempo), sobre poboacións de Crassula multicava e Acacia spp.

Esta actuación crea unha importante sinerxia cos beneficios xerados polas actuacións de eliminación de invasoras de LIFE INSULAR, contribuíndo á súa replicación e sustentabilidade a longo prazo, e posibilitando a súa explotación noutros foros e ámbitos.

Voltar