O PLANCTON (Plan de Conservación territorial) promovido pola fundación Obra Social ABANCA e coa participación de LIFE INSULAR, estará na illa de Sálvora, incluída no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para desenvolver unha xornada de voluntariado ambiental, na cal se levará a cabo unha retirada de lixo mariños que o mar ten devolto en diferentes areais da illa, incluíndo as praias do Almacén, Area dos Bois e Zafra.
Pola tarde, as persoas que participan da actividade poderán desfrutar dun tempo de lecer na praia do Almacén ou ben realizar unha ruta guiada pola illa e colaborar na retirada de especies exóticas invasoras, dentro das actividades realizadas polo PNMTIAG e o proxecto europeo LIFE INSULAR, una das medidas propostas no devandito proxecto, para incrementar a resiliencia fronte ao cambio climático global dos espazos da Rede Natura 2000.