O proxecto LIFE IP Wild Atlantic Nature no cal participan tres socios do proxecto LIFE INSULAR (IBADER, COILLTE e o Department of Housing, Local Government and Heritage do Goberno de Irlanda) recibiu o premio Natura 2000 na categoría “traballando xuntos pola natureza”, na súa edición 2024. Estes premios destacan aqueles proxectos que amosan unha excelencia na conservación da natureza e a promoción do uso sostible do territorio.
O proxecto desenvólvese na Rede Natura 2000 de Irlanda, designado polo seu valor na protección dos hábitats de turbeira. O xurado premiou o proxecto LIFE en base ao programa de réxime de pago agroambiental baseado en resultados. A través do mesmo, os agricultores e outros propietarios da terra reciben pagos por obter resultados medioambientais. O sistema vencella directamente os pagos agroambientais aos agricultores ás condicións ecolóxicas das súas terras, a través dun enfoque baseado en un controles que avalían diferentes tipos de hábitats e o nivel dos servicios ecosistémicos prestados. De este xeito, recompénsase a boa xestión ambiental e incentívase a mellora das terras que obteñen mellor puntuación.