O IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, na súa condición de beneficiario coordinador do proxecto LIFE INSULAR, asistiu entre o 15 e o 17 de maio, á conferencia final do ...
" />O IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, na súa condición de beneficiario coordinador do proxecto LIFE INSULAR, asistiu entre o 15 e o 17 de maio, á conferencia final do proxecto LIFE Sands of Life (SoLIFE), que tivo lugar en Caernarfon (Gales, UK).
Este evento foi de gran importancia para o equipo de LIFE INSULAR, xa que puido coñecer de primeira man os casos de estudio desenvolvidos en Gales, os resultados das accións de restauración nas súas dunas, e as leccións aprendidas na eliminación de plantacións forestais senescentes e especies invasoras dos ecosistemas dunares.
O amplo know-how xenerado por SoLIFE permitiu a captación e absorción dos seus resultados por LIFE INSULAR, que poderán ser implementados e replicados durante as accións deste nos espazos Natura 2000 insulares de España e Irlanda obxecto do proxecto.
A visita favoreceu tamén un importante e valioso networking con outros proxectos LIFE sobre conservación de ecosistemas dunares a nivel europeo, como LIFE DUNIAS ou LIFE Dynamic Dunescapes.